top of page

A Garda Civil detivo a un veciño da Coruña como presunto autor dunha ola de roubos en Arzúa, A Coruña, Ordes e Betanzos

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Arzúa

No marco da Operación Orsiro levada a cabo polos compoñentes do Posto de Ordes, Sigüeiro e o Equipo ROCA de Santiago de Compostela, logrouse a detención dun individuo pola súa presunta participación nunha serie de delitos que xeraron alarma social nas comarcas da Coruña, Ordes, Arzúa e Betanzos. A operación, desencadeouse en resposta a unha crecente ola de roubos no interior de vehículos nas áreas mencionadas, tal e como informa a Oficina de Prensa da Comandancia da Coruña.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

Principalmente, os vehículos afectados eran turismos estacionados en lugares pouco transitados e aparcamentos exteriores próximos a igrexas. O modus operandi do sospeitoso implicaba inicialmente a substracción dun vehículo na área metropolitana da Coruña, utilizando chaves previamente substraídas. Logo, desprazábase a outras localidades, onde levaba a cabo labores de vixilancia en zonas pouco transitadas. No caso de vehículos recentemente estacionados coas portas abertas, procedía á substracción de obxectos de valor, como lentes de sol, carteiras, bolsos, teléfonos móbiles e pezas de vestir. Se o vehículo estaba pechado, rompía algún portelo para consumar o furto.

Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

O valor total dos obxectos roubados supera os 3.000 euros, ademais dos danos causados nalgúns vehículos no proceso. A investigación, iniciada en agosto debido ás denuncias dos afectados, revelou a implicación dun vehículo de cor gris, substraído en Bergondo e recuperado en Ordes en setembro.

Tras unha pausa na actividade delituosa, en decembro xorde unha nova ola de roubos con outro turismo de cor negra roubada en Sada. As investigacións levaron á identificación do presunto autor, un home de 69 anos de idade con domicilio na Coruña e con antecedentes policiais por delitos contra o patrimonio. A operación culminou coa detención do sospeitoso ao ser localizado en Ordes, a bordo do vehículo substraído en Sada, cando realizaba labores de vixilancia en busca dunha nova vítima.


Tras ser sorprendido emprendeu a fuxida durante 72 quilómetros sendo detido finalmente na localidade de Mesía pola súa presunta participación en dous delitos de roubo/furto de uso de vehículo de motor, sete delitos de furto/roubo con forza en interior vehículo, catro delitos de estafa por uso fraudulento de tarxetas de crédito previamente substraídas, un delito contra a seguridade viaria por condución temeraria e un delito de resistencia e desobediencia aos axentes da autoridade no exercicio das súas funcións. Logrouse, a recuperación do vehículo e a localización de obxectos roubados, entregados aos seus propietarios lexítimos.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

No rexistro do domicilio do detido, acháronse varios obxectos que poderían ser froito dos roubos perpetrados. Ínstase os propietarios a contactar co Posto da Garda Civil de Ordes se recoñecen algún obxecto ou foron vítimas dalgún roubo neste período.

A Garda Civil agradece a colaboración cidadá e lembra a importancia de informar sobre actitudes sospeitosas a través da APLICACIÓN ALERTCOPS ou chamando ao 062 ou 112. As dilixencias, xunto co detido, foron entregadas ao Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº 1 de Ordes en funcións de garda.


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page