top of page

A Garda Civil detecta a un transportista que dá positivo indiciario en drogas mentras conduce un transporte de mercadorías perigosas

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Estaba usando o móbil mentres circulaba


Ecos da Comarca/Xeral

Unna patrulla do Subsector de Tráfico da Garda Civil de Pontevedra detecta o martes 26 de novembro a un condutor de mercadorías perigosas, con resultado positivo indiciario en drogas, tal e como informa o gabinete de prensa da Comandancia de Pontevedra.

Os feitos ocorreron sobre as 12:00 horas, cando se detecta ao condutor, un veciño de Barro (Pontevedra) de 30 anos, que circula pola AP-9 (A Coruña-Tui), en Vilaboa, mentres manipula un teléfono móbil. Danlle o alto para comunicarlle a infracción, e ao realizarlle as probas de alcol e drogas, dá resultado positivo indiciario en drogas, pendente de confirmación por laboratorio.


Procédese á inmobilización do vehículo, ata a chegada dun condutor alternativo. Á gravidade de conducir con presenza de drogas no organismo, súmase o feito de ir manipulando un teléfono móbil mentres conduce un transporte de mercadorías perigosas, polo grave risco para os demais usuarios da vía, en caso de accidente de circulación.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O condutor foi denunciado por unha infracción moi grave polo positivo en drogas e outra grave por manipular un terminal de telefonía móbil, que conlevan en total unha sanción de 1.200 € de multa (600 € coa redución do 50%), así como a retirada de 12 puntos do permiso de condución.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page