Esta muller estaba facendo o Camiño en cadeira de rodas cando foi asaltada por este individuo que reside en Palas de Rei
Ecos da Comarca/Melide/A Ulloa
O Equipo Roca da Garda Civil de Santiago e o Posto de Melide detiveron esta semana a un varón en Monterroso polo roubo a unha peregrina en cadeira de rodas en Melide. O detido ingresou en prisión.
Fonte: Garda Civil da Coruña
A vítima non é a primeira vez que realiza o Camiño, pero si desta volta facíao en solitario. O roubo produciuse o pasado xoves. Saíu de Melide sobre as oito da mañá e ao cabo dun quiómetro atopouse con este individuo nunha zona que había moitas árbores.
Supostamente amezouna para que lle dera todo o que levaba e a vítima entregoulle un monedero con 100 euros e unhas moedas e despois, o detido tirouna da cadeira. A vítima é unha muller duns 50 anos que actualmente reside na Coruña.
Segundo informou o Instituto Armado, a afectada presentou denuncia e, tras unha investigación, localizaron ao presunto autor dos feitos nun hostal de Monterroso. Trátase dun varón residente en Palas de Rei con antecedentes por feitos similares. Fai meses, tal e como indicou a Gardia Civil, fora detido en Melide por roubos con violencia a persoas maiores nas inmediacións a entidades bancarias deste municipio. Ao parecer, seguíaas ao saír do banco e arrebatáballes o bolso polo procedemento do tirón. Un destes casos publicámolo en ECOS DA COMARCA. Esta nova no enlace: https://www.ecosdacomarca.com/post/rouballe-o-bolso-no-que-levaba-1-200-euros-a-unha-septuaxenaria-en-melide
Comments