A Garda Civil detén aos supostos autores dun delito de roubo de cable de cobre
- ecosdacomarca
- 28 feb
- 1 Min. de lectura
Ecos da Comarca/Xeral
A Garda Civil detén a dous súbditos romaneses, residentes temporalmente na localidade de Taboada (Lugo), como supostos autores dun delito de roubo de cable de cobre.
Tras ter coñecemento o pasado día 22 de xaneiro de que nunha paraxe situada nas inmediacións de San Vitorio de Ribas-O Saviñao, atopábanse 10 rolos de cable de cobre de distintos grosores ocultos entre a maleza e, ante a sospeita de que os autores que depositaron o material subtraído naquel lugar, o fixesen de forma temporal e coa presunta finalidade de retiralo proximamente, establécese un operativo especial de vixilancias na zona.

Ás 14:00 horas de onte, xoves, detéctase a presenza dun furgón con matrícula portuguesa, en cuxo interior transportaban 1.200 quilos de cable de cobre empregado en telefonía distribuído en varios rolos, material coincidente co que se atopaba oculto na maleza.
Os detidos, as dilixencias policiais e os efectos intervidos, son postos ao dispor do Xulgado de Instrución de Garda de Monforte de Lemos (Lugo).
A Garda Civil, desexa deixar patente o seu agradecemento pola colaboración desinteresada dos cidadáns, alertando daqueles feitos que considere de interese sobre “feitos delituosos ou infraccións en xeral “ relacionadas coas funcións ou competencias que ten asignadas.
Comments