Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

A Garda Civil detén aos presuntos autores de varios roubos cometidos nunha canteira en Agolada

Son veciños de Melide e Lugo


Ecos da Comarca/Agolada

Dous homes, veciños da localidade de Melide, e unha muller, con domicilio en Lugo, foron detidos pola Garda Civil como presuntos autores de varios roubos cometidos durante os últimos meses nunha canteira situada en Agolada. Outro veciño de Lalín foi investigado penalmente como colaborador necesario para a comisión dos mesmos roubos. As investigacións realizadas por efectivos do Posto Principal da Garda Civil de Lalín iniciáronse fai seis meses por mor das denuncias presentadas polo roubo de material e maquinaria nunha canteira.

O administrador da empresa, que se atopaba parada e sen actividade laboral desde hai algún tempo, valorara o material subtraído en algo máis de 20.000 euros. As pescudas conduciron á Área de Investigación do Posto de Lalín á identificación e detención dos presuntos autores dos roubos que se cometeron no mes de decembro do ano pasado. Trátase de dous homes, de 36 e 27 anos, veciños de Melide (A Coruña) e unha muller, de 30 anos, con domicilio en Lugo, todos eles con amplos historiais delituosos. Segundo púidose comprobar, xa venderan a maior parte do material subtraído nunha chatarrería situada nun polígono industrial da Coruña, polo importe de 5.000 euros.

Ao mesmo tempo, notificouse como investigado, por colaborador necesario, a un veciño de Lalín, de 58 anos, como responsable da empresa que realizou os transportes do material substraído, desde a canteira en Agolada ata a chatarrería na Coruña. As dilixencias instruídas entregáronse no Xulgado de Instrución Nº 1 de Lalín, onde deberán comparecer os implicados cando sexan requiridos pola autoridade xudicial.


1405 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE