A Garda Civil detén a un veciño do Pino por traficar tanto con cocaína coma con hachís
Os axentes tiveran coñecemento de que este intensificara a súa actividade coincidindo coa celebración de Fin de Ano, polo que aumentaron a vixilancia e puideron atrapalo
Ecos da Comarca/O Pino
A Garda Civil do posto de Arca, no Pino, informou este martes da detención dun veciño do municipio como presunto autor dun delito contra a saúde pública por traficar tanto con cocaína como con hachís. Os axentes tiveran coñecemento de que este home dedicábase ao tráfico de estupefacientes e de que intensificara a súa actividade coincidindo coa celebración de Fin de Ano, polo que aumentaron a vixilancia e puideron pillalo in fraganti.
Os axentes rexistraron a este veciño do Pino e ao turismo no que se atopaba, localizando unha bandoleira con 32 envoltorios de plástico cun total de 26,2 gramos de po branco, supostamente cocaína, e 380 euros en efectivo.
O detido foi trasladado ás dependencias da Garda Civil, onde se lle solicitou, en presenza do seu letrado, autorización para rexistrar o seu domicilio, ao que accedeu. Alí atoparon 19,8 gramos de hachís, 1.581 euros en efectivo, así como unha báscula de precisión.
