top of page

A Garda Civil detén a un veciño do Pino como presunto autor de 4 delitos de incendio forestal

Ecos da Comarca/O Pino

A Garda Civil do Posto de Arca en colaboración co Servizo de Protección da Natureza, detivo a un home como presunto autor de 4 delitos de incendio forestal. As accións desenvolvéronse por mor do incendio ocorrido o pasado día 25 de xullo no lugar de Samil - Castrofeito – O Pino.

A Garda Civil iniciou unha investigación en aras do esclarecemento das causas do mesmo e a identificación do autor ou autores no seu caso, no transcurso da mesma producíronse outros 3 incendios os días 5, 8 e 13 de agosto, supoñendo o do día 5 un grave risco para as persoas e os bens ao localizarse nas proximidades de vivendas habitadas.


 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Tras a análise exhaustiva da información solicitada, os gardas civís actuantes lograron a identificación do presunto autor do ilícito, unha vez coñecida a identidade, a Garda Civil procedeu á detención deste home como presunto autor de 4 delitos de incendio forestal.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O detido, xunto coas actuacións realizadas foron postas ao dispor do Xulgado de Instrución de Garda de Arzúa.


Os incendios forestais non só destrúen a flora e a fauna, senón que tamén poñen en risco a seguridade das persoas e as súas propiedades. Por iso, reitérase o chamamento á cidadanía para que colabore na protección dos nosos montes. A prevención e a colaboración son esenciais para evitar estes delitos. Se observa calquera actividade sospeitosa ou ten información sobre un incendio, contacte coa Garda Civil a través do teléfono 062 ou calquera outro canle de denuncia.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page