top of page

A Garda Civil detén a un veciño de Cuntis que circulaba nunha furgoneta con 2 kg de haxix

Ecos da Comarca/Xeral

A Garda Civil da Estrada detivo a un veciño de Cuntis o pasado luns 13, como presunto autor dun delito contra a saúde pública despois de ser interceptado nun dispositivo preventivo de seguridade cidadá que se estaba realizando na N-640, na Estrada, en posesión de dous quilogramos de haxix.

O detido, de 23 anos, circulaba nunha furgoneta, déuselle o alto e mostrábase moi nervioso durante a identificación. Os axentes rexistraron a mesma e na parte traseira da furgoneta, localízase unha bolsa plástica con dous paquetes envoltos en cinta de embalar de cor marrón, nos que hai unha cantidade aproximada de 2 quilogramos de haxix. 


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por mor deste feito solicítase unha entrada e rexistro no seu domicilio, autorizada polo Xulgado de Instrución de Garda da Estrada, que deu como resultado a intervención de 20 gramos de cocaína en catro envoltorios plásticos dispostos para a súa distribución, ademais de diñeiro en efectivo.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page