Estas está situadas nas localidades Teo e Moraña
Ecos da Comarca/Xeral
O Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Santiago de Compostela, en colaboración co Equipo de Patrimonio da Unidade Orgánica de Policía Xudicial (UOPJ) da Comandancia de Pontevedra e da área de Investigación do Posto Principal da Garda Civil de O Milladoiro (Ames), procedeu á detención dun home como presunto autor dos atracos a unha sucursal bancaria en Teo e outra en Moraña, tal e como informa a Oficina de Prensa da Comandancia da Coruña.

A investigación iníciase por mor do atraco perpetrado no día 2 de agosto nunha entidade bancaria da localidade de Teo (Coruña). Tras as actuacións e xestións correspondentes, lógrase coñecer a identidade do presunto autor e compróbase que este home xa fora identificado con anterioridade polo compoñentes Equipo de Patrimonio da UOPJ de Pontevedra como presunto autor do atraco o día 02 de maio a unha sucursal bancaria na localidade de Moraña.
Publicidade
A partir dese momento as investigacións continúan de maneira coordinada, baixo a tutela do Xulgado de Instrución nº 1 de Santiago de Compostela, localízase e detense a este home, de 50 anos, con domicilio en Cambados e antecedentes policiais, como presunto autor de dous delitos de roubo con violencia e intimidación.
Publicidade
Tras a detención procédese ao rexistro do seu domicilio onde se localizan evidencias relacionadas con eles. O detido, xunto coas dilixencias e os efectos achados, foi posto ao dispor xudicial, que decretou o seu ingreso en prisión.
Comments