top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A Garda Civil detén a un varón por un presunto delito de agresión sexual na Estrada

Despois das oportunas xestións realizadas polo Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Lalín, procédese á detención dun home de 55 anos


Ecos da Comarca/Xeral

A Garda Civil detén a un veciño de Meis, como presunto autor dun delito de agresión sexual e outro delito leve de furto dun teléfono móbil. A investigación iníciase pola denuncia presentada por unha muller o pasado 16 de agosto na Garda Civil de Caldas de Reis, na que relata que o día anterior había sufrido unha agresión sexual no seu domicilio da Estrada, tal e como informa a Oficina de Prensa da Comandancia de Pontevedra.


Publicidade

Dita agresión realízaa unha persoa que pertencía ao seu círculo de amizades e aproveitando que estaban os dous sós no domicilio da vítima, o agresor aproveitou a situación tirala encima da cama e así violala. O agresor abandonou o domicilio levándose un teléfono móbil propiedade da mesma.


Publicidade

Despois das oportunas xestións realizadas polo Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Lalín, procédese á detención dun home de 55 anos de idade, veciño da localidade de Meis, con antecedentes policiais. O detido, xunto coas dilixencias pasaron ao dispor do Xulgado de Garda da Estrada, que decreta a liberdade provisoria con cargos á espera de xuízo.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page