top of page

A Garda Civil detén a un varón por subtraer un radar móbil

Ecos da Comarca/Xeral

A Garda Civil de Pontevedra detivo o pasado 3 de agosto, a un home de 61 anos natural do Porriño, con domicilio en Oia, pola subtracción dun cinemómetro móbil que controlaba a velocidade nunha vía costeira do sur da provincia. Os feitos producíronse na PO-552, en Santa María de Oia.

A Garda Civil do Destacamento de Tráfico do Porriño, que establecera un punto de control de velocidade, cun cinemómetro móbil modelo veloláser, colocado sobre un trípode, notaron que deixara de enfocar a vía. Ao estar próximos e en contacto visual co aparello, viron como un home introducía o radar na parte traseira dunha furgoneta.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

Minutos despois intercéptase ao condutor do vehículo, e recupérase na parte posterior da furgoneta o cinemómetro subtraído. O dispositivo presenta danos como consecuencia do golpe recibido ao lanzalo sobre o chan da furgoneta. Ao seguimento do cinemómetro subtraído contribuíu o sistema antirrobo do que dispoñen este tipo de aparellos que permite a súa localización en casos como este.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Por iso detívose ao autor do feito delituoso por un suposto delito de furto e outro de danos, instruíndo o Posto da Garda Civil da Guarda en colaboración co Destacamento de Tráfico do Porriño as oportunas dilixencias que foron remitidas ao xulgado de garda de Tui. O presunto responsable podería enfrontarse a unha pena de prisión de 6 a 18 meses polo furto, así como a unha multa que, segundo ditamine o xuíz, pode ser económica ou de prisión de seis a 24 meses polos danos.




Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page