top of page

A Garda Civil detén a un home como autor de roubos en máis de 20 vehículos de Lalín e Silleda

A investigación iníciase tras as repetidas denuncias presentadas durante o pasado mes de agosto


Ecos da Comarca/Lalín

A Garda Civil de Pontevedra detén a unha persoa como autor de delitos contra o patrimonio superando a vintena de roubos en vehículos nas localidades de Lalín e Silleda, tal e como informa a Oficina de Prensa da Comandancia de Pontevedra.


Publicidade

A investigación iníciase tras as repetidas denuncias presentadas durante o mes de agosto pasado, onde se recollen roubos no interior de automóbiles nas localidades de Lalín e Silleda. Os roubos producíanse previa fractura das ventanillas dos vehículos, durante a madrugada, no interior de garaxes comunitarios, todos eles cun mesmo modus operandi.

A investigación desenvolvida pola área de Investigación do Posto da Garda Civil de Lalín de forma conxunta co Equipo Roca da Compañía, no marco da Operación “DIANA”, deu como resultado a identificación e posterior detención do autor dos feitos, un veciño de Vigo de 52 anos de idade.


Publicidade

A repetición destes feitos percibíase como unha ameaza para os veciños de Lalín e Silleda, causando alarma social en ambas as localidades. O detido foi posto ao dispor da autoridade xudicial, que decretou a súa liberdade con cargos á espera de xuízo.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page