top of page

A Garda Civil detén a un cruceño para o seu ingreso en prisión por un delito contra a saúde pública

Ecos da Comarca/Vila de Cruces

A Garda Civil de Vila de Cruces, detén a un home de 73 anos, veciño da localidade, como responsable dun delito contra a saúde pública na súa modalidade de tráfico de drogas, para dar cumprimento a un mandamento de prisión emitido pola Audiencia Provincial de Pontevedra, de data 24 de marzo de 2025.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Os feitos remóntanse ao mes de xuño de 2016 cando nunha investigación desenvolvida por axentes da Garda Civil de Vila de Cruces para combater o tráfico de drogas na comarca, detívose a un total de tres persoas cuxa actividade delituosa radicaba na localidade.

Por aquel entón, tras un intenso labor operativo, fora posible a obtención de autorización xudicial para a realización dunha entrada e rexistro domiciliaria, con resultado de que se obtiveron numerosos indicios de criminalidade por parte da persoa agora detida.


Neste sentido fora intervido un cultivo de decenas de plantas de marihuana, unha cantidade considerable desta substancia preparada para a venda, diversos útiles para cultivo, pesada e dosaxe da substancia, diñeiro en efectivo e un arma de fogo.



Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page