top of page
Foto del escritorecosdacomarca

A Garda Civil detén a dúas persoas na Estrada e desarticula un punto de venta de estupefacientes

Detense a dúas persoas e investígase a outras tres por delitos contra a Saúde Pública , Branqueo de Capitais, pertenza a Grupo Criminal e Contra o dereito dos Traballadores


Ecos da Comarca/Xeral

A Garda Civil detén a dúas persoas e investiga a outras tres, como autores dos delitos Contra a Saúde Pública (Tráfico de Drogas), Branqueo de Capitais, pertenza a Grupo Criminal e contra o Dereito dos Traballadores, e desarticula un punto de venda de estupefacientes na Estrada. A operación denominada “Farley” levada a cabo polo Equipo de Policía Xudicial de Lalín, pertencente á Unidade Orgánica de Policía Xudicial da Comandancia de Pontevedra, desarticulou un punto de venda de estupefacientes na localidade da Estrada (Pontevedra).

A operación saldouse coa detención de dúas persoas e a investigación doutras tres, ademais da aprehensión de 50 gramos de cocaína, dúas básculas de precisión, 22.000 €, e a incautación de catro vehículos de alta gama, unha motocicleta de gran cilindrada, unha arma curta, munición para a mesma e numerosa documentación relacionada co branqueo de capitais.


Con data 13 de xullo, levaron a cabo dúas entradas e rexistros simultáneos en dous domicilios da Estrada, co apoio de axentes de Seguridade Cidadá da Quinta Compañía de Lalín, Servizo Cinológico e Unidade de Seguridade Cidadá (USECIC) da Comandancia. A investigación comezou ao ter coñecemento da existencia dun punto de venda de estupefacientes, aberto as 24 horas do día, durante os 365 días do ano, sendo aprehendidas diferentes substancias estupefacientes en distintas ocasións nos servizos de vixilancia establecidos.


Modus operandi

A vivenda utilizada para a subministración das substancias, dispoñía na súa porta de entrada de barras metálicas transversais, para evitar ou dificultar a entrada á mesma, gardando o diñeiro e as chaves dos vehículos nunha caixa forte da vivenda paterna. O detido figuraba como traballador cun contrato laboral nun establecemento hostaleiro, no que nunca traballou, para desta forma xustificar os ingresos económicos obtidos polo tráfico de drogas e prestacións por desemprego.


Publicidade

A outra detida, nai do principal investigado e colaboradora esencial no branqueo de capitais, ademais do administrador único dun despacho de avogados, que facilitaba medios loxísticos para a comisión do delito de tráfico de drogas. O detido e autor principal, estaba pendente de cumprir unha condena de 5 anos de prisión, ditada pola Audiencia Provincial, recorrida ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que ratificou a mesma, á súa vez recorrida. As dilixencias instruídas foron entregadas no Xulgado de Instrución número 2 da Estrada, quen ordenou o ingreso en prisión do detido.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Komentáre


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page