top of page

A Garda Civil detén a catro persoas por roubos en naves industriais en Lalín

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Todos eles teñen múltiples antecedentes penais por feitos similares e as súas idades están comprendias entre os 20 e os 39 anos


Laura Moure/Lalín

O Equipo de Policía Xudicial da Garda Civil de Lalín iniciou o pasado xullo unha investigación debido a varios roubos en naves industriais na comarca de Deza. Analizados os feitos delituosos, así como o “modus operandi” levado a cabo polos supostos responsables, céntrase a investigación nun grupo organizado que se dedica a roubar en naves industriais e anexos, tal e como informa a Oficina de Prensa da Comandancia de Pontevedra.

O obxecto do delito é cable de cobre, aceiro, aluminio, baterías e mesmo obxectos de pouco valor, utilizando medios rudimentarios ou forza física para romper paredes, portas ou xanelas para entrar ás naves. No grupo identifícase a tres individuos chegados desde Jaén, con vínculos familiares con outro residente en Deza. Despois de entrar nas naves almacenaban os efectos nun lugar exterior próximo ás mesmas, para despois recollelos, por se eran sorprendidos polas forzas e corpos de seguridade alegaban que era chatarra que se atoparon.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O pasado día 14, foron sorprendidos in fraganti dous deles mentres roubaban, que foron detidos. A través da investigación púidose concretar a súa forma de actuar e identificar aos outros dous compoñentes do grupo. Todos eles teñen múltiples antecedentes penais por feitos similares, e as súas idades son de entre os 20 e os 39 anos.


O valor dos efectos subtraídos, en especial o cable de cobre, así como os danos producidos poden exceder os 800 000 euros. As dilixencias instruídas foron entregadas no Xulgado de Instrución 1 de Lalín, xunto cos detidos, ingresando dous deles en prisión e os outros dous quedaron en liberdade con cargos..



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page