top of page

A Garda Civil detén á autora dun suposto delito de tráfico de drogas en Lalín

Realizouse unha inspección nun establecemento de hostalería situado no centro urbano desta localidade


Ecos da Comarca/Lalín

A madrugada do pasado domingo día 19, no marco do plan de actuación de seguridade cidadá, patrullas do Posto da Garda Civil de Lalín, xunto cunha patrulla fiscal, o Servizo

Cinológico e a USECIC da Comandancia, establecen un dispositivo policial para localización e erradicación de puntos de venda de substancias estupefacientes, tal e como informa a Oficina de Prensa da Comandancia de Pontevedra. Realízase unha inspección nun establecemento de hostalería situado no centro urbano de Lalín, e intervéñense 32 gramos dunha substancia que resulta ser cocaína, básculas de pesada e distintos elementos que determinan a existencia nese lugar dun punto de distribución de drogas, co agravante de levar a cabo esta actividade ilícita nun local aberto ao público.

Por parte da patrulla fiscal efectúanse denuncias por varias infraccións, dúas delas a impostos especiais, dous a Turismo e outras dúas a Sanidade, por certos contidos insalubres relacionados cos servizos de comidas que se dan no local. Tamén se interveñen substancias a clientes que se atopaban no establecemento, tales como cocaína e cánnabis, aos que se lle efectúan as correspondentes denuncias administrativas. Ao finalizar a inspección, procédese á detención da propietaria do establecemento, unha veciña de Lalín, de 38 anos.


Publicidade

Como consecuencia das dilixencias practicadas, e baixo a tutela do Xulgado de Instrución número 1 de Lalín, realízase un rexistro no domicilio da mesma, onde se interveñen pequenas cantidades de cánnabis, así como útiles para preparar as doses de cocaína e básculas de pesada.


Publicidade

A detida foi posta ao dispor xudicial, quen decreto a súa liberdade provisional con cargos.



0 comentarios
IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page