top of page
Foto del escritorIsmaelRS

A Garda Civil descobre unha plantación de marihuana en Silleda

Actualizado: 16 sept 2021

Foi encontrada no lugar de Ponte, incautáronse 161 plantas en diferentes etapas de madurez e crecemento, ademais de dous xeradores, unha desbrozadora e un depósito de auga con capacidade para 1000L


IsmaelRS/Silleda

Tal como informa a Garda Civil a este medio de comunicación, descubriuse unha plantación de marihuana no lugar de Ponte, concello de Silleda, dentro dun invernadoiro.


Membros do posto da Garda Civil de Silleda incautáronse de 161 plantas en diferentes etapas de madurez e crecemento, ademais de dous xeradores, unha desbrozadora e un depósito de auga con capacidade para 1000L.


A investigación realizada culminou coa identificación do presunto autor, un veciño de Vilanova de Arousa de 25 anos, acusado dun presunto delito contra a saúde pública, por tráfico de drogas.


As dilixencias presentadas entregáronse ao Xulgado de Instrución de garda de Lalín, onde deberá comparecer o investigado cando a autoridade xudicial o requira.


0 comentarios

Comentários


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page