top of page

A Garda Civil de Vila de Cruces investiga a unha veciña da localidade por un delito de apropiación indebida

Quedouse cun sobre que atopou que contiña 1.000 euros


Ecos da Comarca/Vila de Cruces

A Garda Civil de Vila de Cruces investiga a unha veciña da localidade por un delito de apropiación indebida ao quedar cun sobre que contiña 1.000 euros, tal e como informa a Oficina de Prensa da Comandancia de Pontevedra.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

O pasado 9 de xaneiro interponse unha denuncia no cuartel da garda civil de Cruces por parte dunha octoxenaria de Lalín, que portaba un sobre con 1.000 euros, e que despois de realizar diversas xestións e compras en Cruces dáse conta de que o perdeu.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.

A investigación realizada por parte dos Garda Civís deu como resultado a identificación da persoa que o atopou e quedou co sobre. Resulta ser unha veciña da localidade, de 38 anos, á que se investiga por un presunto delito de apropiación indebida.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

O diñeiro é recuperado e entregado á propietaria. As dilixencias efectuadas serán postas ao dispor do Xulgado de Garda de Lalín.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page