top of page

A Garda Civil de Pontevedra reforza e impulsa a relación co “garda civil veterano”

Mantivo reunións nas cabeceiras das Compañías, con sede nas localidades de Lalín, Cambados, Pontevedra, Tui e Vigo


Laura Moure/Deza

A Comandancia da Garda Civil de Pontevedra, aproveitando o despregamento territorial, mantivo reunións nas cabeceiras das Compañías, con sede nas localidades de Lalín, Cambados, Pontevedra, Tui e Vigo, onde reside un colectivo formado por 1.300 gardas civís veteranos. As reunións están dirixidas a reforzar o contacto cos gardas civís veteranos, crearanse canles de difusión para desta forma estar conectados e compartir contidos de interese entre o colectivo, como son os diferentes programas do Plan de Axudas, facilitando á súa vez a tramitación de calquera trámite ou solicitude a través de Acción Social da Comandancia.


Publicidade

Preme na imaxe se queres saber máis deste evento.

Igualmente a través destas canles daranse a coñecer iniciativas e pautas de prevención e consellos prácticos sobre seguridade, de acordo con o Plan Maior. Preténdese unha vinculación máis estreita dos gardas civís veteranos coas diferentes unidades territoriais e os seus compoñentes, para contribuír a manter vivo o sentimento de pertenza á Institución e, con iso, poñer en valor a figura do garda civil retirado.


Publicidade

Preme na imaxe se quere contactar connosco.

A última reunión tivo lugar en Vigo, á que asistiron máis de 70 veteranos, nas instalacións do Consorcio de Zona Franca, onde os asistentes recibiron distinta información de interese para os mesmos, facilitada polo Concello de Vigo, o Instituto Social da Forzas Armadas (ISFAS), Cruz Vermella, a Obra Social de Abanca-Fundación, “Espazo mais 60” e da Dirección Xeral de Maiores da Xunta de Galicia.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page