top of page

A Garda Civil de Pontevedra conmemora o 182 aniversario da fundación da Garda Civil en Lalín

Os actos celebraranse o 16 de maio na Rúa da Habana de Lalín (fronte ao Concello)


Laura Moure/Lalín

O Subdelegado do Goberno, xunto co alcalde de Lalín e o Coronel Xefe da Comandancia, presidirán, o vindeiro sábado, día 16 de maio, ás 12:00 horas, o acto de conmemoración do 182º aniversario da fundación da Garda Civil, que se celebrará na Rúa da Habana de Lalín (fronte ao concello).

Durante o evento estarán acompañados por distintas autoridades civís e militares da provincia.  No desenvolvemento do acto, no que se dará lectura aos decretos fundacionais do Cuerpo da Garda Civil procederase á imposición de condecoracións, así como á entrega de diplomas conmemorativas ao persoal que pasou á reserva e retirado. 

 PUBLICIDADE

Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.
Se queres obter máis información do evento preme na imaxe.

O obxectivo desta celebración é a renovación do compromiso de servizo á sociedade por parte da Garda Civil, o referendo da vixencia dos valores e principios sobre os que se asinta a Institución e o recoñecemento e agradecemento a aqueles membros do Corpo que prestaron servizo aos cidadáns desde a súa creación en 1844.

 PUBLICIDADE

Preme para obter máis información.
Preme para obter máis información.

De 9:00 a 13:00 horas haberá unha xornada de portas abertas na mesma zona (Praza de Galicia) na que se poderá visitar unha caseta informativa, con exposición de distintas especialidades da Garda Civil como o Equipo Pegaso (drons), Sección Fiscal, Tráfico, Seprona, OMAP (oficina móbil de Atención ao Peregrino), PJ (Policía Xudicial), así como o helicóptero da Garda Civil.


Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page