Ecos da Comarca/Xeral
A Garda Civil da Estrada, detivo a un veciño da localidade por un presunto delito de tráfico de drogas ao menudeo. A investigación iníciase despois de detectar unha anormal e continua trasfega de coñecidos consumidores de drogas nun domicilio da localidade, o que xeraría unha considerable alarma social entre veciños e comerciantes próximos.
Na mañá do pasado xoves día 26 establécese un operativo, levado a cabo polo posto da Garda Civil da Estrada, e apoiados polo Equipo de Policía Xudicial de Lalín, así como un guía canino co seu can especialista en drogas, e a USECIC da Comandancia, e detense a un home de 42 anos, veciño da localidade, con antecedentes policiais.
Realízase un rexistro no seu domicilio no que se interveñen 15,54 gramos de cocaína, 16 gramos de marihuana e 8.5 gramos de haxix así como diferentes utensilios usados para a preparación das doses, incautáronse ademais 760 euros en efectivo euros en billetes de diverso valor e unha báscula de precisión relacionadas coa actividade delituosa.
Publicidade
Tanto o detido como as dilixencias instruídas foron postas ao dispor do Xulgado de Instrución UNO da Estrada, que decretou a súa liberdade provisional con cargos.
留言