top of page

A gandeira e influencer melidense Lucía Casal gaña o Premio MujerAgro Juventud

Laura Moure/Melide

A gandeira e influencer melidense Lucía Casal Vázquez segue recolectando éxitos polo seu bo facer. Sen ir moi lonxe, o pasado venres recibiu o Premio MujerAgro Juventud na VII xornada dos Premios Mujer Agro, organizados por Mujer Agro e Siete Agromarketing.


"En primeiro lugar, quero darlles á organización os meus parabéns e grazas por este proxecto tan grande que levan a cabo para poñer en valor tanto as mulleres como aos homes no ámbito rural!", subliña Casal, que admite estar moi feliz de conseguir este recoñecemento.

foto
A melidense Lucía Casal co seu galardón.

"Estou super contenta e orgullosa de recibir este premio, que llo dedico a todos aqueles que están ao meu lado en todo isto… a pesar de todo que me apoian en cada momento e que me fan forte, sabendo que non esta sendo fácil… pero que podo con todo. En especial grazas a mamá e papá e grazas a aqueles que día tras día me animades e me apoiades".


Tamén se lembra dunha compañeira. "Tampouco me quero esquecer, de darlle os parabéns á miña compañeira Esther por recibir tamén o premio, que ten máis que merecido! Ela seguíame fai tempo, e o venres puidena coñecer. Un encanto de muller e con moito valor e liderado no sector! Parabéns Esther, esperámoste en Galicia cos brazos aberto!".


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

E por último, Lucía Casal quere agradecer a todas as persoas "que estades todos os días dándome apoio nesta pequena familia das redes sociais. Seguimos sementando para cultivar resultados, porque todo mérito ten o seu traballo e suor!".


Dende ECOS DA COMARCA: Moitos parabéns, Lucía!


Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page