top of page

A Galican Agility Cup reúne en Silleda dende hoxe a máis de 300 cans de 22 países

Será un mega evento con trepidantes probas e interesantes seminarios


Laura Moure/Silleda

A Feira Internacional de Galicia ABANCA (Silleda, Pontevedra) acolle dende hoxe e ata o sábado 2 de agosto unha cita de agility sen precedentes na Comunidade, a Galican Agility Cup. Un evento itinerante por distintos lugares do mundo que é un dos máis importantes e esperados deste deporte canino e que nesta ocasión ten lugar no recinto feiral. Organizado pola asociación Galician Agility Festival en colaboración coa empresa galega de obstáculos para agility Galican Sport, supón a primeira quíntupla en territorio galego, é dicir, cinco días de competición. Así, dende hoxe ata o sábado ao mediodía celebraranse probas puntuables para o campionato de España, e xa o sábado pola tarde terá lugar a Copa Galican, cuxos premios ascenderán a 15.000 euros en produtos da empresa.

Estas probas contarán finalmente coa participación e 315 binomios (can e guía) de 22 países, como son España, Austria, Portugal, Francia, Alemaña, Reino Unido, Países Baixos, Bélxica, Polonia, República Checa, Luxemburgo, Italia, Suíza, Grecia, Estados Unidos, Arxentina, Colombia, Brasil, Panamá, Chile, Venezuela e Singapur.


Uns participantes que serán avaliados por catro xuíces top a nivel mundial que destacan por deseñar circuítos seguros para os cans e ao mesmo tempo con gran vistosidade, os cales son a alemá Stefannie Semkat, o sueco Jocke Tangfelt, o canario Héctor Ramírez e o suízo Philipp Glur.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

A estas competicións súmanse distintos seminarios, os cales serán impartidos por recoñecidos nomes deste deporte canino, como son a francesa Kim Barreau, a italiana Verónica Odone, a alemá Dani Fischbach e o español Adrián Bajo, actual campión do mundo de agility en categoría “large”.


Previa con seminario e inauguración de pista

Aínda que o evento comeza oficialmente hoxe, onte celebrouse xa unha previa que inclúe o primeiro dos seminarios da Galican Agility Cup, o cal está a ser impartido por Adrián Bajo e Dani Fischbach.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Ademais, tamén esta tarde a asociación organizadora, a Galician Agility Festival, levou a cabo a inauguración da pista de adestramento que emprega no recinto. Un espazo no que esta prepara previamente os eventos que celebra na Feira Internacional de Galicia ABANCA, os cales están enmarcadas no acordo entre a entidade feiral e a asociación polo que esta última leva a cabo eventos periódicos no recinto, con carácter permanente e cunha categoría cada vez maior. Esta pista foi bautizada pola asociación co nome de Verónica Odone, agilitista que mantén unha estreita relación coa GAF e que impartirá tamén seminarios durante este mega evento.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page