Ecos da Comarca/Deza
As corredoras galaicas triunfan no VI trail dos Penedos en Salceda de Caselas ( Castro Barreiro ) cuns 25 quilómetros. A corredora de Dozón Tamara García proclamase gañadora en féminas. Quedou primeira na categoría absoluta cun tempo de 3h 16'.

Mentres, o corredor Emilio Montilla queda segundo en Veteráns M. cun tempo de 2h 25' tras unha carreira moi rápida na cal a choiva non abandonou un intre a proba, tal e como indica o GTR Galaico Trail Run.
Por outra banda, "en terras lusas a nosa corredora Noly Oliveira vén de subir ao caixón na terceira posición en F.50, na proba U.V.T. (Ultra Vouga Trail) ( Un desafío pintado de verde). Con 55 quilómetros e un desnivel positivo de 2.918 metros", subliña o clube dezá. "No cal a corredora demostrou que os reises lle trouxeron moi boas sensacións para o inicio da tempada 2022".
Comments