top of page

A Fundanción Semana Verde pecha 2025 con récord na facturación da central agropecuaria

A falta de sumar os resultados da sesión especial do 29 de decembro, a Central supera

os 58M€ fronte aos 38M€ do ano pasado


Laura Moure/Silleda

A Fundación Semana Verde de Galicia celebrou onte a reunión do seu Padroado para facer balance provisional deste ano e presentar os orzamentos para 2026. O encontro estivo presidido polo secretario xeral técnico da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta, Javier Abad, en calidade de vicepresidente do Padroado.

No encontro destacouse a celebración este ano de 27 eventos maiores, cifra que iguala o

récord de eventos anuais conseguido en 2021, co dato positivo de que este 2025 non é un

ano excepcional, como foi 2021, o cal se beneficiara dun efecto rebote provocado pola

falta de eventos en 2020 debido á pandemia. A estas citas súmanse neste exercicio unha

vintena de eventos menores e as sesións da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA.

En canto a esta última, destacan neste exercicio as transaccións xeradas, xa que a falta de

sumar os resultados da sesión especial de becerros carniceiros e vacún maior que terá

lugar na Central Agropecuaria o 29 de decembro, xa rexistra unha facturación de récord ao

superar os 58 millóns de euros, fronte aos máis de 38 millóns do ano pasado, cifra que

tamén daquela supuxo a máxima da historia deste mercado.


No que se refire ao calendario da Fundación é relevante o crecemento en todas as feiras.

Así, o certame agropecuario Abanca Cimag-GandAgro, reuniu un 20% máis de firmas e un

4,3% máis de público que na anterior cita; a feira de seguridade, defensa e emerxencias

Sedexpo contou cun 19,2% máis de expositores; e a de transporte de viaxeiros por estrada

ExpoBus Iberia celebrou a súa maior edición, cun 11,3% máis de empresas, unha

superficie un 26,7% maior e un 8,8% máis de visitantes. Tamén a feira Abanca Semana

Verde rexistrou a maior cifra de expositores dos últimos 18 anos, ademais de ser a cita

máis internacional dos últimos 20 anos desta feira multisectorial e recibir a 112.200

visitantes, un 32% máis que en 2024.

 Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Así mesmo, é destacable a incorporación no marco de Abanca Semana Verde do novo

salón Intermax Beauty Show, centrado na beleza e a estética, así como a celebración de

novidosas citas de organizadores externos que ademais contaron cun notable carácter

internacional, como a Galican Agility Cup. Esta competición de agility congregou participantes de 22 países e foi a primeira deste deporte canino en Galicia cunha duración

de cinco días.


Neste exercicio de 2025 a previsión é que a Fundación acade unha contas equilibradas no

que se refire a actividade e, ademais, realizáronse investimentos por importe de máis de

300.000 euros co obxectivo de mellorar as instalacións da Central Agropecuaria de Galicia

ABANCA e potenciar a súa actividade, dadas as cifras que a acreditan como ferramenta

ao servizo do gandeiro para maximizar os prezos do seus animais. A inversión

corresponde coa ampliación da Central a través do acondicionamento dun terceiro

pavillón, o que ademais suporá un incremento de ingresos ao concorrer máis animais ao

mercado, e tamén doutras importantes melloras na Central que inclúen dende renovación

de equipamento informático ata sistemas de vixilancia.

Publicidade

Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!
Preme para contactar con nós e pregunta polas tarifas que son unha bicoca!

Orzamento 2026

Por outra banda, na reunión de hoxe analizouse o orzamento previsto para 2026, o cal

será de case catro millóns de euros, un presuposto lixeiramente superior ao de 2025 que

reflicte a liña positiva lograda nos últimos anos e ao mesmo tempo o comezo da

amortización das inversións realizadas na ampliación das instalacións da Central

Agropecuaria de Galicia ABANCA.




Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page