A Fundación Semana Verde remata o semestre con máis dunha vintena de eventos, que se suman aos máis de 40 celebrados ao longo de 2023
- Laura Moure
- 27 jun 2024
- 2 Min. de lectura
Tivo lugar a a reunión do Padroado no que tamén se aprobaron as contas de 2023 con superávit e facturación récord de 4,3M€
Laura Moure/Silleda
A Fundación Semana Verde de Galicia en Silleda celebrou este mércores no recinto feiral a reunión do seu Padroado, presidida polo secretario xeral técnico da Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes da Xunta de Galicia, Francisco Javier Abad, en calidade de vicepresidente do Padroado.

No encontro aprobáronse as contas do ano 2023, nas que a Fundación tivo un superávit
de máis de 73.500 euros, o que supón unha mellora do resultado económico respecto a
2022, cando houbera un equilibro técnico das mesmas, e ademais representa tanto acadar
a maior facturación da súa historia, con 4,3 millóns de euros, como un 153% máis de
facturación que fai dez anos, cando fora de 1,7 millóns.
Publicidade
O ano pasado tiveron lugar 23 eventos maiores e outros tanto menores, ademais das
sesións da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA, a cal tamén rexistrou o maior
volume de transaccións da súa historia, con máis de 33,7 millóns de euros. Así mesmo, foi
o ano de recuperación do público no recinto tras a pandemia, converténdose no segundo
con máis afluencia dende que hai rexistros dese dato, ao situarse en máis de 240.000
visitantes.
Por outra banda, no encontro fíxose balance das actividades destes primeiros seis meses
do ano, nos que se celebraron 10 eventos maiores e 11 menores, ademais de 24 sesións
da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA.
Publicidade
Respecto a estas citas do primeiro semestre, é destacable a incorporación ao calendario
do recinto Feira Internacional de Galicia ABANCA dun novo certame de organización
propia, a I Feira de Servizos Municipais, ExpoMunicipal, desenvolvida en abril xunto co
salón de enerxía Enerxétika e que acadou unha importante participación no seu debut, con
110 empresas de cinco países.
Ademais, son tamén salientables a cifra de expositores directos na 46ª Abanca Semana
Verde de Galicia, a mellor dos últimos 17 anos ao contar con 746 empresas e entidades, e
tamén os récords conseguidos nos seus salóns de alimentación e turismo tanto en
participantes como en superficie.
Publicidade
Galiforest Abanca, outra feira de récord que comeza hoxe
Neste primeiro semestre do ano a Fundación Semana Verde de Galicia tamén celebra outra cita de gran relevancia, o monográfico forestal Galiforest Abanca, que desenvolverá
a súa sétima edición dende hoxe e a ata o sábado nun lugar real de traballo, o monte do
Centro de Formación e Experimentación Agroforestal de Sergude, en Boqueixón. Unha convocatoria coa que se volve superar e celebrar a súa mellor edición, con 107
expositores directos, 360 firmas, 15.306 metros cadrados e cerca de 200 demostracións
empregos.
Yorumlar