Faino tanto na súa facturación como nas transaccións da central agropecuaria de Galicia Abanca
Laura Moure/Silleda
A Fundación Semana Verde de Galicia pecha 2023 con récords tanto na súa facturación como nas transaccións da Central Agropecuaria de Galicia ABANCA, ademais de excelentes resultados en distintos certames, segundo se puxo de manifesto onte na reunión do seu Padroado, que nesta ocasión foi telemática. Esta xuntanza estivo presidida pola secretaria xeral da Vicepresidencia Primeira e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Elena Muñoz, en calidade de vicepresidenta do Padroado, e serviu tanto para facer o balance provisional deste ano como para presentar os orzamentos para 2024.
Neste exercicio a previsión é que a Fundación acade a maior cifra de facturación da súa
historia, con máis de 4,5 millóns de euros, un 51% máis do previsto para este ano, tras a
celebración de 23 eventos maiores fronte aos 21 que tiveran lugar en 2022, dos cales 11
foron oposicións, ademais doutros 23 eventos menores e as sesións da Central
Agropecuaria de Galicia ABANCA.
Publicidade
Así mesmo, este ano acadáronse moi bos resultados en distintos eventos, como na Feira
Internacional ABANCA Semana Verde de Galicia, que rexistrou a maior cifra de
expositores dos últimos 16 anos e volveu superar os 100.000 visitantes, tal e como facía
antes da pandemia do coronavirus, ou tamén nos certames ExpoBus –centrado no
transporte de viaxeiros pos estrada- e Sedexpo –que aglutina os sectores de seguridade,
defensa e emerxencias-. Estes últimos no só contabilizaron as súas maiores cifras de
visitantes, senón que tiveron un maior carácter internacional.
Publicidade
Por outra banda, vén de reafirmarse o apoio de ABANCA á Fundación tanto na súa
actividade como no patrocinio dos eventos relacionados co sector agrario, tal e como se
fixo patente a semana pasada na sinatura do convenio que prolonga a colaboración das
dúas entidades.
Tamén neste exercicio destacan de novo as cifras da Central Agropecuaria de Galicia
ABANCA, que, a falta de sumar a facturación da sesión de hoxe, chegaba a semana
pasada aos 32.984.709 euros, o que supón que na penúltima sesión do ano superaba xa
amplamente os 32.430.068 euros que acadou en total no ano 2022, e, polo tanto, que
rexistre a súa cifra récord de transaccións, con máis de 33 millóns.
Publicidade
Ano 2024, cunha nova cita
A maiores, na reunión deste martes analizouse o orzamento previsto para 2024, o cal será de 3.309.590 euros, unhas contas que buscan manter a liña positiva lograda en 2023 pero
que é moi prudente á espera de que se materialice a celebración de probas de acceso dos distintos departamentos da Xunta de Galicia, o cal é relevante nos presupostos da
entidade feiral.
Na actividade da Fundación do vindeiro ano destacará, ademais da celebración de feiras e
eventos xa consolidados, o debut dun novo certame, a I Feira de Servizos Municipais,
ExpoMunicipal, que terá lugar no mes de abril.
Comentarios