top of page

A Fundación Semana Verde de Silleda pecha 2022 con cifras récord en varias feiras

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Ademais rexistrou un grande incremento na facturación da central agropecuaria de Galicia Abanca


Laura Moure/Silleda

A Fundación Semana Verde de Galicia pecha 2022 con cifras récord en varias feiras e un grande incremento na facturación da central agropecuaria, segundo se puxo de manifesto hoxe na reunión do seu Padroado. Presidida pola secretaria xeral técnica da Vicepresidencia Segunda e Consellería de Presidencia, Xustiza e Deportes, Elena Muñoz, en calidade de vicepresidenta do Padroado, a xuntanza serviu para facer o balance provisional deste ano e presentar os orzamentos para 2023.

A previsión é que neste exercicio as contas queden practicamente equilibradas, tras a celebración de 21 eventos cos que se foi recuperando a normalidade despois da pandemia e volveu o protagonismo das actividades distintas aos procesos selectivos. Deste últimos celebráronse sete fronte ás 14 restantes. Ademais, en 2022 incluíuse no calendario o novo certame de seguridade, defensa e emerxencias Sedexpo, que tivo moi boa acollida, e rexistráronse varias feiras con cifras récord.


Así, os salóns de alimentación e turismo da Feira Internacional Abanca Semana Verde acadaron os seus mellores resultados en expositores e superficie. Pola súa banda, a sexta edición do monográfico forestal Galiforest Abanca converteuse na maior celebrada ata o momento en todos os seus parámetros, cun 26% máis de expositores, unha superficie un 16% maior e un 27% máis de visitantes, ademais de ser a máis internacional tanto na exposición como na procedencia dos visitantes.


Neste exercicio destacan tamén as cifras da Central Agropecuaria de Galicia Abanca, que, a falta de dúas sesións para pechar o ano, acadou xa unha facturación de case 32,4 millóns de euros, un 52,31% máis que na mesma semana de 2021 e un 76,8% máis que na de 2019. Cómpre sinalar tamén que xa supera nun 52,53% a facturación total anual de 2021 e nun 77,9% a de 2019.

Preme na imaxe se queres contactar connosco!

En canto á asistencia, con dúas poxas pendentes de celebrarse este ano, suma unha concorrencia de 49.021 animais, un 11,6% máis que na mesma semana de 2021 e 9,2% máis que na de 2019, ademais de supoñer xa un incremento dun 8,54% nas cifras totais de asistencia en 2021 e dun 6,3% respecto ás de 2019.


A maiores, na reunión analizouse o orzamento previsto para 2023, o cal será de novo de case 3 millóns de euros, co obxectivo de manter a liña positiva lograda en 2022 tras o parón da pandemia e tendo en conta a incerteza económica que se prevé para os vindeiros meses.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page