O prazo de inscrición xa está aberto ata o 23 de abril de 2025
Ecos da Comarca/Vila de Cruces
A Fundación Paco Lareo- A Solaina de Piloño (Vila de Cruces) lanza o I Concurso de Curtametraxes Documentais, unha oportunidade para cineastas e amantes do documental. Os interesados deberán anotarse. O prazo de inscrición xa está aberto ata o 23 de abril de 2025.

Premios:
3.000 € ao mellor curtametraxe.
1.000 € premio especial do público.
Publicidade
Deberán ser Curtametraxes en galego ou subtituladas cunha duración máxima de 20 minutos e producidas despois do 1 de xaneiro de 2023. Os interesados deben anotarse a través do seguinte correo: carlosasorey_asolaina@gmail.com Máis información en https://fundacionasolaina.gal/
Comments