top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Fundación Neira Vilas de Gres escenario dunha homenaxe a Luis Reimóndez Fernández

O seu labor centrouse en exaltar a figura do seu pai, o tamén filántropo Manuel Reimóndez Portela, e a do escritor cruceño


Laura Moure/Vila de Cruces

Valentín García, secretario xeral de Política Lingüística, participou este sábado no acto organizado pola Fundación Xosé Neira Vilas en homenaxe a Luis Reimóndez Fernández, anterior presidente da entidade.

Na súa intervención, o representante da Consellería de Cultura, Educación, FP e Universidades destacou “a valiosa labor de difusión da cultura que levou a cabo en toda a comarca, converténdoo nun dos grandes dinamizadores culturais”. Xunto ao el estiveron presentes Fernando Redondo Neira, presidente da Fundación Xosé Neira Vilas; Xoán Andrés Fernández Castro, familiar e membro do Padroado da Fundación; María Jesús Fernández Bascuas, secretaria do Seminario de Estudos Locais da Estrada, Marcelino Agís, escritor e filósofo galego, e un representante do Concello de Vila de Cruces.

De seguido neste encontro, que tivo lugar na Fundación Xosé Neira Vilas en Gres, desvelouse unha placa que realizou Xosé Vizoso Fernández co nome do escritor na sala superior da Biblioteca que levará o seu nome.

Luis Reimóndez Fernández (A Estrada, 1951-2018) foi presidente do Centro de Iniciativas e Turismo (CIT) da Estrada e da Fundación Xosé Neira Vilas, vicepresidente do Seminario de Estudos Locais e membro do Padroado do Museo do Pobo Estradense Manuel Reimóndez Portela. O seu labor centrouse en exaltar a figura do seu pai, o tamén filántropo Manuel Reimóndez Portela, e a do escritor Neira Vilas.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page