top of page

A Fundación Breogán trae a Palas de Rei o día 29 unha charla coloquio de emprendedoras no rural

Centrarase na experiencia vital e profesional de Nuria Varela Portas, xerente do Pazo de Vilane, e Carmen Lence, conselleira delegada de Leite Río de Galicia


Ecos da Comarca/Palas de Rei

A Fundación Breogán trae a Palas unha charla coloquio de emprendedoras no rural o día 29 de marzo. Esta entidade está levando a cabo as xornadas formativas Máis que basket no Rural, no que participan ao redor de 40 rapaces de 6 a 15 anos. No caso de Palas de Rei terá lugar unha charla coloquio de emprendedoras no rural, que está aberta ao público en xeral.


Estará conducida por María Nieto e centrarase na experiencia vital e profesional de Nuria Varela Portas, xerente do Pazo de Vilane e Carmen Lence, conselleira delegada de Leite Río de Galicia. Será ás 19:30 horas no Salón de Actos e o aforo estará limitado, polo que é necesario reservar praza a través do correo info@fundacionbreogan.org ou chamando o teléfono do Concello de Palas de Rei 982 38 00 01.


0 comentarios

Commentaires


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page