top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Fundación Artesanía de Galicia opta aos Premios Nacionais de Artesanía polo Corazón da Artesanía

Resultou finalista por segundo ano consecutivo no Premio Promociona para Entidades Públicas pola iniciativa que leva a cabo nos Pendellos de Agolada dende 2012


Laura Moure/Agolada

Catro candidaturas galegas optan como finalistas aos XVI Premios Nacionais de Artesanía convocados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo. O cesteiro de Pazos de Borbén Álvaro M. Leiro opta ao Premio Nacional de Artesanía; o obradoiro de tecido Inés Rir&CO (Allariz) é finalista na categoría Produto; a cesteira Julia de la Cal (O Porriño) opta á categoría de Emprendemento e a Fundación Artesanía de Galicia –dependente da Consellería de Economía, Industria e Innovación– compite no Premio Promociona para Entidades Públicas.


Os Premios Nacionais de Artesanía están convocados anualmente a través da Escola de

Organización Industrial (EOI) e da súa cátedra de promoción da artesanía Fundesarte, a

organización de referencia na promoción e no desenvolvemento das empresas artesás

españolas. O seu obxectivo é contribuír ao desenvolvemento e competitividade das pemes

do sector artesán, así como incentivar a innovación, o deseño e a súa capacidade de

adaptación ao mercado. Ao mesmo tempo, prémiase ás institucións e empresas que

contribuíran de xeito significativo a impulsar o traballo artesán.

Os Premios constan de 5 categorías, tres delas para proxectos de artesáns –Premio

Nacional de Artesanía, Premio Produto e Premio Emprendemento– e dúas que recoñecen

o labor de promoción por parte de entidades públicas e privadas. En total foron

presentadas 66 candidaturas, sendo Galicia e Madrid as comunidades con maio representación, con 13 candidaturas cada unha.


Finalistas galegos

Nesta edición dos Premios Nacionais de Artesanía, Galicia contará con finalistas en catro

das cinco categorías.

  • Álvaro Leiro (Pazos de Borbén), recentemente galardoado co Premio Maestro Artesano Círculo Fortuny ao Mellor artesán de vangarda 2023, opta ao Premio Nacional de Artesanía. O seu traballo comeza coa investigación da artesanía tradicional vinculada á cestería en espiral, unha técnica empregada tradicionalmente para fabricar cestos e recipientes para transportar auga e alimentos. Desde o ano 2016 colabora coa firma Loewe, coa que entrou en contacto durante a celebración do Corazón da Artesanía de Agolada e desde aquela os seus deseños forman parte do catálogo de bolsos desta marca. No ano 2022, Loewe presentou no Salón do Moble de Milán un bolso inspirado nas corozas tradicionais galegas, unha das prendas máis antigas da vestimenta galega que se empregaba para protexerse da chuvia e do frío. Leiro participou tamén na colección de Loewe presentada no Salón do Moble de Milán 2023 a través da elaboración de bolsos/cestas elaborados con coiro.


Publicidade

  • O obradoiro Inés RIR&CO Deseño Textil (Allariz) é finalista na categoría Produto pola súa manta de bebé “D-Leite”, elaborada con fibra de proteína láctea. RIR&CO é un obradoiro dedicado á elaboración artesanal de tecidos en tear, nos que busca sempre a incorporación de novos materiais, formas e texturas. En 2021, esta manta “D-Leite” xa resultou gañadora do I Certame de Materiais Innovadores de Galicia, convocado pola Xunta, na categoría Artesanal e participa nas exposicións Galicia Futura e mais no proxecto transfronteirizo Circular Labs, impulsado pola Escola de Organización Industrial–EOI, e foi seleccionado como exemplo de boas prácticas, sustentables e saudables comoproduto no concurso New European Bauhaus;. “D-leite” está tecida con fibra de proteína láctea, un material absorbente, antibacteriano, hipoalerxénico e biodegradable, que favorece a creación dun vínculo sensorial entre a nai e o bebé.

  • A cesteira Julia de la Cal, do obradoiro La Parabólica (O Porriño), candidata ao Premio Emprendemento, conta cunha ampla formación en deseño pola Escola Massana de Barcelona e un profundo coñecemento de técnicas e de materiais tradicionais coma o vimbio que ela mesma cultiva. Julia resultou gañadora da Bolsa Eloy Gesto nos Premios Artesanía de Galicia 2021, o que lle permitiu ampliar a súa formación nas técnicas de vimbio e a súa aplicación ao paisaxismo coa asociación L’Oserai du Possible (Francia). Con interese pola creación de obxectos funcionais, Julia asegura o relevo xeracional no oficio tradicional da cestería e garante tamén a súa actualización grazas á aplicación do deseño contemporáneo a estes saberes ancestrais.


Publicidade

  • Por último, a Fundación Artesanía de Galicia resultou finalista por segundo ano consecutivo no Premio Promociona para Entidades Públicas, en recoñecemento ao evento Corazón da Artesanía. Encontro da Artesanía Tradicional e Popular de Galicia, que se celebra no conxunto histórico-artístico dos Pendellos de Agolada desde o ano 2012. Esta ategoría está pensada para recoñecer a contribución notable á promoción da artesanía. O Corazón da Artesanía é un encontro integral, cunha posta en escena moi coidada, destinado á divulgación dos oficios artesanais, a impulsar a comercialización dos produtos da marca Artesanía de Galicia e doutros produtos gourmet de calidade, así como a buscar sinerxías entre artesanía e outros sectores como a arquitectura, a gastronomía ou o deseño. Ano tras ano, este Encontro consolídase como un espazo de confluencia entre artesáns e profesionais de diferentes ámbitos –deseñadores, decoradores, xornalistas, prescritores de grandes marcas e profesionais de tendas especializadas– que están permitindo establecer relacións comerciais e colaboracións que están a abrirlle as portas de moitos ámbitos, empresas e marcas á Artesanía de Galicia.

NOTICIA RELACIONADA:

  • O Corazón da Artesanía tamén optou a estes premios nacionais o pasado ano:

0 comentarios

Commenti


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page