top of page

A foodtruck de Galicia Sabe a Mar estará o venres, día 22, en Monterroso, e o sábado 23 en Agolada

Foto del escritor: ecosdacomarcaecosdacomarca

Ecos da Comarca/Monterroso/Agolada

A foodtruck noutra ocasión en Monterroso.

A foodtruck de Galicia Sabe a Mar estará o venres, día 22, en Monterroso, e ao día seguinte na localidade de Agolada. GALICIA SABE AMAR é unha campaña da Xunta de Galicia que nace para animar á cidadanía a través da retranca galega e os dobres sentidos a consumir produtos do mar, impulsar a súa venda e poñer en valor o labor dos profesionais da pesca e do marisqueo.


En cada parada os visitantes poden degustar algún dos 10 petiscos pensados para a campaña e realizados a base de produtos certificados do mar e da terra.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A foodtruck de Galicia Sabe a Mar vai visitar diferentes puntos desta vila o día 22. As degustacións son gratuítas. Así estará:

  • No IES Monterroso. De 10:25 a 11:25 horas.

  • No CEIP Plurilingüe Monterroso de 11:30 a 12:30 horas.

  • No Templete de16:30 a 20:30 horas.


Mentres, o día 23 en Agolada poderase desfrutar desta experiencia na Praza do Concello en horario de 11 a 17 horas.

0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page