top of page

A Fiscalía investiga a Augas de Galicia polo "desleixo ante a contaminación procedente da mina de Touro"

Faino tras as denuncias de Ecoloxistas en Acción


Ecos da Comarca/Touro

Ecoloxistas en Acción sinala que denunciou ante a Fiscalía "a contaminación procedente da mina de Touro porque, a pesar de anos de interpoñer continuadas denuncias, a Xunta de Galicia non acadou rematar coas drenaxes contaminantes desta mina". “Ante os desleixo de Augas de Galicia, estes vertidos contaminantes afectan os ríos Pucheiras, Portapego, Felisa, Ameneiro- Lamas, Burgo, que verten aos ríos Lañas e Brandelos, seguen sen vida e isto esá ocasionando danos á calidade das augas destes afluentes directos do Ulla, xa na rede Natura 2000,” declara a voceira de Ecoloxistas en Acción.


A Fiscalía provincial de A Coruña vén de recoller a denuncia de Ecoloxistas en Acción e anunciar dilixencias de investigación preprocesal (47/2024) para, no marco dunha investigación penal, indagar se hai indicios de delito no proceder de Augas de Galicia. Para isto, a Fiscalía reclamou documentación, respecto aos vertidos da mina e a actuación da Xunta antes esta contaminación ambiental, tanto á Consellería de Economía e Industria como a Augas de Galicia.

Autor: Ecoloxistas en Acción.

As investigacións iniciadas suporán a investigación de denuncias dos tres últimos anos que consten no Seprona  e poderían ser sancionados as autoridades ou funcionarios públicos que, a sabendas, tiveran informado favorablemente a concesión de licenzas manifestamente ilegais que autorizaran o funcionamento de actividades contaminantes, tiveran silenciado as infraccións ou omitido a realización de inspeccións de carácter obrigatorio.


A organización ecoloxista asegura que non hai dúbida de que "é a actividade do complexo mineiro a causante deste grave impacto ambiental e lembran que así quedou recollido na revisión do Plan hidrolóxico Galicia-Costa 2021-2027". Por iso, sinalan "como presuntos responsables penais dos feitos aos actuais propietarios dos terrenos e da concesión, que son perfectamente coñecedores de que tiñan a obriga de restauración e do cese da contaminación ás augas". Tamén acusan a Xunta de Galicia "de poñerse do lado do agresor ambiental e protexer os intereses do infractor, en vez dos da poboación afectada".


Publicidade

Preme na imaxe para contactar con nós.

Ademais, Ecoloxistas en Acción considera que Augas de Galicia "ten que paralizar a autorización de verteduras encuberta outorgada á empresa Explotaciones Gallegas que lle permite achicar augas tóxicas da balsa de lodos mineiros do Vieiro ao río Pucheiras, extremo sobre o que a Administración ten aberta outro expediente".


Ecoloxistas en Acción alerta que a autorización destes vertidos implica legalizar unha vertedura de máis dun millóns catrocentos mil litros de augas tóxicas por ano ao rego Pucheiras, no sistema fluvial do Ulla-Deza. Un rego que xa está desprovisto de fauna e flora actualmente ao seu paso polos terreos da mina pechada. Lembran que o Pucheiras é tributario do río Brandelos, o cal desemboca no río Ulla onde xa forma parte da Rede Natura 2000, apenas 4 quilómetros augas abaixo, e que inclúe a desembocadura do mesmo na ría Arousa.

コメント


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page