top of page
Foto del escritorLaura Moure

A figura e legado de Carvalho Calero a pé de rúa chegará en novembro a Melide

Laura Moure/Melide

A deputada de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña, María Muíño, participou este martes no acto de apertura da exposición que percorre a vida e a traxectoria de Ricardo Carvalho Calero e que permanece instalada a ceo aberto na avenida do Malecón de Ribeira. Trátase da mostra coa que o ente provincial homenaxea o autor ao que o pasado ano se lle dedicou o Día das Letras Galegas e cuxa celebración quedara "desdebuxada" por mor da irrupción da pandemia e as restricións que implicou. Esta tamén se poderá ver na localidade de Melide.

María Muíño.

Na súa visita, María Muíño fixo fincapé en que "esta iniciativa nos permite abordar a figura deste autor dun xeito autobiográfico pero tamén conectando a súa traxectoria con fitos relevantes na historia do país", ao tempo que indicou que "ao optar por un formato de exposición que pode visitarse a pé de rúa tamén pretendemos facilitar que a difusión chegue ao maior número de públicos posible".


13 expositores

A exposición, a través de trece expositores permite percorrer outras tantas etapas da vida de Carvalho Calero, facendo especial fincapé no legado do autor ao que o pasado ano se lle dedicou o Día das Letras Galegas. Así, nestes trece paneis pódese visitar a traxectoria vital e profesional do autor, desde o seu nacemento en Ferrol até o peche co titulado "Mestre de Compromisos" onde se fai mención ás distintas homenaxes que recibiu antes do seu falecemento e tamén se recolle unha imaxe do alumnado da primeira promoción de Filoloxía galego-portuguesa da que foi profesor.


A mostra, concibida desde a filosofía da itinerancia co fin de chegar a diferentes puntos da provincia, iniciara o percorrido en Ferrol por ser o lugar de nacemento do propio Ricardo Carvalho Calero. Agora, permanecerá exposta en Ribeira ata o día 18, para despois viaxar ata Betanzos, onde poderá visitarse ata o 28 de outubro, para trasladarse posteriormente a Sada (entre o 28 de outubro e o 15 de novembro), Melide (do 15 ao 29 de novembro) e Rianxo (do 20 de xaneiro ao 3 de febreiro de 2022).

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page