A Festa “Regueifa e pracer” terá lugar mañá, 30 de agosto, en Carboeiro (Silleda)
- ecosdacomarca

- 29 ago 2025
- 1 min de lectura
Ecos da Comarca/Silleda
Este sábado 30 de agosto en Carboeiro (Silleda) celebrarase ás 18:00 horas a Festa do Encontro Comunitario de Regueifa e Pracer. Case vinte regueifeiras galegas xuntaranse nun convivio que xirará arredor da regueifa, o pracer e a sexualidade, partindo de Fontao esa mesma mañá e rematando nunha festa aberta en Carboeiro onde haberá mostra de regueifa e xogos co público, actuación das pandeireteiras Roseira Brava, foliada e máis sorpresas.

Publicidade
Organizan “aopaso” e a Señora Placerful coa colaboración do Concello de Silleda, Santa Ferreña e a Asociación Minas da Brea, no marco do proxecto “Regueifando con Pracer: redes feministas de improvisación e coidados”, que conta co cofinanciamento do Ministerio de Igualdade.
Publicidade
Non haberá servizo de bar/cantina así que convídase ás persoas asistentes a levar comida ou bebida para compartir.









Comentarios