top of page

A festa familiar O Papaventos enche de cor e de diversion a área recreativa da Magdalena no Pino

15 sept 2025
2 min de lectura

Unha festa holi, obradoiros, xogos e distintos espectáculos fixeron gozar a persoas de todas as idades


Laura Moure/O Pino

Máis dun cento de nenas e nenos, acompañados das súas familias, participaron este sábado, 13 de setembro na cuarta edición do Papaventos, a festa das familias organizada polo Concello do Pino.


A xornada, celebrada na área recreativa da Magdalena, contou cun completo programa de

actividades lúdicas e culturais pensadas para todas as idades. A festa holi, obradoiros nos

que os asistentes tiveron a oportunidade de facer papaventos empregando diferentes

técnicas ou un bo número de xogos populares e tradicionais fixeron as delicias de peques e maiores.

Ademais, os participantes puideron desfrutar ao longo da tarde dos espectáculos Bambolina, da compañía A Farra Xous e Facendo o indio, da compañía Galitón, antes de que a maxia e a música en directo do Mago Teto e o seu Galerock’N’Magic lle puxese a guinda á xornada.


As familias asistentes, procedentes tanto da contorna como doutros puntos de Galicia, como Santiago ou A Coruña, gozaron dunha xornada de convivencia ao aire libre, marcada pola participación activa e o bo ambiente. Algúns asistentes mesmo se animaron a acudir en formato de romaría, facendo da festa un evento aínda máis especial.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

O alcalde do Pino, Manuel Taboada, tamén estivo presente na celebración e non dubidou en unirse aos xogos, compartindo momentos de diversión coa veciñanza. Desde o Concello do Pino, queremos agradecer sinceramente a participación de todas as familias que fixeron posible esta xornada. É unha gran satisfacción comprobar que moitas persoas descubriron por primeira vez a área recreativa da Magdalena e expresaron a súa intención de volver para seguir desfrutando deste espazo natural.



Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page