top of page

A Festa do Río da Cornella: o mellor plan para compartir con familia e amigos

Foto del escritor: Laura Moure / IsmaelRSLaura Moure / IsmaelRS

A área recreativa do Liño, situada entre os concellos de Santiso e Agolada, celebrou esta cita o pasado sábado


Laura Moure/IsmaelRS/Santiso

Asistentes á Festa do Río da Cornella. Autor: Ecos da Comarca.

A área recreativa do Liño, máis coñecida como a área recreativa da Cornella celebrou este sábado a súa XLIII Festa do Río. Esta está situada entre os concellos de Santiso e Agolada. E como xa marca a tradición familias e amigos non perden esta cita. Comida ao lado do río, boa compañía e música completan esta xornada festiva.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información!

ECOS DA COMARCA tamén nos achegamos e falamos con varios asistentes ademais de con Fernando Rey, organizador do evento e un dos xerentes do bar da Cornella, e con Alejandro Otero, membro da charanga Era Visto, que foi unha das formacións encargadas de amenizar a cita. Adiante vídeo!

Agora tocará esperar ao vindeiro ano, aínda que se o bo tempo o permite, aínda quedan días de verán para desfrutar desta área recreativa, unha da máis concorridas na época estival.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page