top of page

A Festa do Queixo de Arzúa pecha un acordo de colaboración da man de Toldos Gómez

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Exclusivas Xeira tamén se suma á difusión da festa coa distribución de sobres de azucre conmemorativos


Laura Moure/Arzúa

A Festa do Queixo de Arzúa continúa sumando apoios para celebrar o seu 50 aniversario cunha proxección sen precedentes. A empresa Toldos Gómez (TGM) incorporou o logo do 50 aniversario en todas as súas furgonetas e coches, levando así a imaxe da Festa do Queixo por múltiples localidades e reforzando a súa visibilidade en diferentes puntos do país.

foto

A empresa arzúa TGM, referente no sector, renova un ano máis o seu apoio á Festa do Queixo de Arzúa, desta volta cunha colaboración máis ambiciosa e significativa. Entre as accións previstas atópanse a renovación das cubertas do escenario, a dotación de bandeirolas decorativas para as rúas e a produción de lonas específicas para o recinto feiral.


Esta iniciativa non só mellora a infraestrutura do evento, senón que contribúe a que a Festa do Queixo traslade a súa esencia máis aló de Arzúa, chegando a moitos máis lugares e poñendo en valor a rica tradición queixeira da vila. Accións como esta reflicten o compromiso de TGM coa cultura e a promoción dos valores locais, reforzando a presenza do evento a nivel nacional.


Publicidade

ANUNCIO
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Grazas a este tipo de colaboracións, a Festa do Queixo consolídase como un referente cultural e festivo, non só para os arzúas, senón para todos aqueles que desexan descubrir e celebrar a identidade desta terra. TGM, unha vez máis, demostra o seu apoio á comunidade e á preservación das tradicións que fan de Arzúa un lugar único.


Ademais, Exclusivas Xeira tamén se suma á difusión da festa coa distribución de sobres de azucre conmemorativos, garantindo que a Festa do Queixo teña unha presenza destacada en establecementos hostaleiros. Con iniciativas coma esta, a Festa do Queixo continúa a súa expansión e consolidación como un evento de referencia no panorama gastronómico e cultural.


PUBLICIDADE
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A colaboración entre institucións, empresas e entidades locais contribúe ao fortalecemento desta celebración, promovendo o seu impacto máis alá das fronteiras da comarca. Xesús Carril, alcalde de Arzúa, comenta: “Dende o Concello de Arzúa estase a traballar activamente para establecer novas colaboracións con empresas ampliando así o apoio e a difusión do evento e do traballo tanto das queixeiras e queixeiros como de todo o sector agrogandeiro que tan relevante é para a economía e o futuro da comarca".


Комментарии


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page