top of page
Foto del escritorLaura Moure

A Festa do Galo Piñeiro e a Mostra Cabalar do Pino alcanza a súa vixésimo segunda edición

O programa das festas que se celebran esta fin de semana recolle unha feira de artesanía, obradoiros, actividades infantís, degustación de galo e o tradicional xantar popular


Laura Moure/O Pino

Como cada primeira fin de semana de agosto, o Concello do Pino celebra este sábado día 5 e o domingo día 6 a Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar, unha cita declarada Festa de Interese Turístico de Galicia que alcanza xa a súa vixésimo segunda edición. Xunto aos tradicionais certames de galo piñeiro e de cabalos, a feira inclúe obradoiros, actividades infantís, degustación de galo, o tradicional xantar popular e sobre todo moita troula e moita música. Ademais, este ano tamén se levará a cabo a feira de “Artesanía no Camiño” co obxectivo de amosar o labor de todas as persoas que traballan en prol da conservación das tradicións e da cultura da contorna.

A Festa do Galo Piñeiro e Mostra Cabalar abrirase o sábado coa actuación Unha noite de

foliada cos Druidas e a Banda de Música de Arca ás 20:00 horas na praza de Forcarei. Ás

22:30 horas, a praza do Concello acolle Suaren Bataila, un espectáculo da compañía Hípica Celta que mestura técnicas de lume, interpretación, danza e acrobacias.


Xa o domingo 6 de agosto, tralo anuncio do comezo da festas coas bombas de palenque,

abriranse a Mostra Cabalar (9:00 horas) e a XXII Feira de Galos e Galiñas de Raza Piñeira

(10:00 horas).


Publicidade

A partir das 11:00 horas sucederanse as propostas para a veciñanza e os visitantes coa

actuación da charanga NBA e a apertura da feira Artesanía no Camiño que inclúe talleres

demostrativos de bolillos, bordado ao aire, coiro, actividades participativas para toda a

familia, xogos e animación de rúa a cargo de Fantoches Baj (13:00 horas), O Mago Teto (1.º pase ás 17:00 horas e o 2.º ás 19:00 horas.) e o grupo teatral Ó Cubo (18:00 horas).


Ao tempo que comeza a sesión vermú con José Manuel (os Trovadores) de EME MUSIC

chegará a degustación gratuíta de galo piñeiro (13:00 horas) e o pregón, que este ano

correrá a cargo da deputada autonómica e secretaria xeral do PPdeG Paula Prado del Río.


Entrega de premios

A entrega de premios aos gañadores dos diferentes apartados dos mellores exemplares de

galos e galiñas servirá así mesmo para dar paso ao xantar popular (15:00 horas) baixo a

carpa situada na praza de Forcarei.


Publicidade

Xa pola tarde, ás 17:30 horas, reabrirase a Mostra Cabalar e entregarase o premio especial

Faísca ao mellor produto P.R.E. (Pura Raza Española) nado e criado en Galicia. As probas de doma vaquera e de arrastre serán outros dos grandes atractivos deste domingo no Pino a partir das 19:00 horas, xunto á concesión de galardóns aos gañadores da Mostras Cabalar deste ano 2023.


A festa concluirá a partir das 21:30 horas co espectáculo ecuestre nocturno con luz e son a

cargo de Paco Martos “Horse Show”.


Galardóns aos mellores exemplares

Como é tradición xa, a XXII Feira de Galos e Galiñas de Raza Piñeira do Pino repartirá premios para os tres mellores galos, as tres mellores galiñas, os dous mellores galos de

curral e o mellor animal da exposición.


As inscricións para participar faranse o domingo a partir das 9:30 horas na propia feira, na

praza de Forcarei. A entrega de galardóns está programada para as 14:30 horas.

0 comentarios

Entradas recientes

Ver todo

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png
bottom of page