A Festa da Rapazada celebrará unha nova edición o 1 de agosto na parroquia cruceña de Piloño
- Laura Moure

- 30 jul 2025
- 2 Min. de lectura
Laura Moure/Vila de Cruces
A parroquia cruceña de Piloño volverá encherse de xogos, risas e ilusión o próximo 1 de agosto coa celebración da Festa da Rapazada, que este ano alcanza a súa terceira edición. A iniciativa, organizada pola asociación Garatuzas, conta coa colaboración do Concello de Vila de Cruces e a Deputación de Pontevedra, e consolídase como unha das citas de lecer familiar máis destacadas do verán na comarca.

O evento desenvolverase no antigo campo da festa de Piloño e está dirixido a nenos, nenas e mozas de 3 a 18 anos, cunha completa programación de actividades ao longo de toda a xornada. A entrada será gratuíta para os asociados a Garatuzas, mentres que para o público xeral terá un prezo de 10 euros por participante. Entre as principais propostas desta edición destaca unha ampla zona de colchóns e ludoteca, ademais de espectaculares inchables xigantes, como o Mega Super Splash, a Pista Americana con auga, o Trampolín Megalodón e o popular Twister.
Publicidade
A programación incluirá tamén unha actuación de maxia a cargo de Maxia na Manga, que sorprenderá a grandes e pequenos cun espectáculo cheo de humor e sorpresas. O fin de festa correrá a cargo de DJ Santi.
Ao longo do día celebraranse numerosos sorteos con premios especiais cortesía de empresas locais. A oferta completarase cunha proposta gastronómica pensada para todos os públicos, grazas á colaboración de Celtaporc e Xearte Brigitte, que ofrecerán xeados, hamburguesas e bebidas a prezos populares.
Publicidade
A Festa da Rapazada naceu co obxectivo de dinamizar o verán da mocidade local e fomentar espazos de convivencia e diversión segura, e nesta terceira edición aspira a reunir de novo a centenares de nenos e nenas de Vila de Cruces e municipios da comarca. Desde a organización animan ás familias para participar e lembran que as entradas para os non asociados poderán adquirirse o mesmo día da festa no recinto.








Comentarios