Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

A Festa da Empanada volverá contar con pulpería o 18, 19 e 20 de agosto na Carballeira da Pomba

Ecos da Comarca/Silleda

A Asociación Amigos da Empanada de Bandeira vén de anunciar que a Festa da Empanada volverá contar con pulpería aberta ao público o 18,19 e 20 de agosto na Carballeira da Pomba.

A reserva de mesas para a Festa da Empanada afronta a súa recta final cun posible récord da última década ao alcance da man, ao superar ampliamente o número de mesas reservadas no 2019 a esta altura do mes. Por este motivo, a Asociación Amigos da Empanada anuncia o establecemento dunha pulpería oficial, algo que xa era habitual no pasado, para dar cabida, con normalidade, a todos os visitantes esperados e ofrecer un novo servizo de calidade.


“É unha nova fantástica e moi esperada porque hai moitas persoas que na Empanada non queren reservar mesas e prefiren cear de forma máis cómoda baixo a pulpería oficial”, sinala Andrés Seoane, presidente de Amigos da Empanada, que informa que a pulpería oficial estará en activo non só o sábado 20 de agosto na Empanada (ao mediodía e á cea) senón tamén para os Festivais da Empanada Bandeirock e Esmorga Folk, que se celebrarán o xoves 18 e o venres 19 de agosto.

Pulpería Potel de Pontecesures será a empresa encargada de engadir este outro prato gastronómico galego á xa protagonista, a empanada. As persoas asistentes á cita gastronómica e aos festivais poderán cear na carpa oficial da pulpería ou encargar racións de pulpo para desfrutar nas respectivas peñas. Dende xa, pode realizarse a reserva previa nos seguintes números de teléfono: 639 42 59 40 e 629 50 58 27 ou acudir eses días sen necesidade de encargo previo.

75 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE