Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

A Festa da Empanada terá un posto na Feira da Bandeira deste sábado

A Asociación venderá entradas para “O Recuncar da Bandeira” e estreará a súa nova liña de merchandising


Laura Moure/Silleda

A Asociación Amigos da Empanada contará co seu propio posto na feira da Bandeira este sábado 14 de maio, onde venderá entradas para “O Recuncar da Bandeira”, xuntanza do pobo que se celebrará o sábado 28 deste mes na Praza da Feira. Ademais, a entidade cultural estreará nova liña de merchandising co obxectivo de recadar fondos para a organización da Festa da Empanada; produtos como mandís, pratos de madeira, cuncas, táboas de cortar, mochilas, chisqueiros, libretas... e que tamén estarán á venda nas redes sociais.

Por outra banda, a directiva liderada por Andrés Seoane, anima aos negocios da comarca a participar no libro de patrocinadores, podendo poñerse en contacto coa asociación a través do correo empanadabandeira@gmail.com


Ata o momento, máis de sesenta establecementos decidiron colaborar, sendo unha parte fundamental no mantemento da cita gastronómica.

16 visualizaciones0 comentarios
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE