top of page

A Festa da Empanada de Bandeira presenta o 8 o seu cartel e adianta que recuperará o formato tradicional

Os actos principais terán lugar na tarde do sábado, mantendo como peche a tradicional cea de peñas, un dos sinais de identidade da celebración


Laura Moure/Silleda

A Asociación de Amigos da Empanada de Bandeira (Silleda) presentará o venres 8 de agosto, ás 21:00 horas, na Praza Juan Salgueiro de Bandeira, o cartel e a programación da XLIX edición da Festa da Empanada, a primeira que se celebra despois de obter o recoñecemento como Festa de Interese Turístico Nacional.

Nesta edición, a comisión decidiu recuperar o formato tradicional da festa. Os actos principais terán lugar na tarde do sábado, mantendo como peche a tradicional cea de peñas, un dos sinais de identidade da celebración.


Publicidade


Preme na imaxe para obter máis información.
Preme na imaxe para obter máis información.

Por motivos organizativos, este ano non se realizará o tradicional petitorio porta a porta. No seu lugar, a Asociación fai un chamamento á colaboración da veciñanza a través de achegas económicas voluntarias, que se poden ingresar na seguinte conta bancaria:

ES07 2080 5013 7230 0008 6620

 

As reservas para participar na cea de peñas estarán abertas do 6 ao 19 de agosto, en horario de 18:00 a 21:30 horas, na Casa da Cultura de Bandeira.


Publicidade


Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Desde a Asociación de Amigos da Empanada agradécese expresamente o apoio recibido ata o momento e as achegas realizadas, fundamentais para garantir o desenvolvemento da festa.

Comentarios


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2026 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page