top of page

A Festa da Empanada de A Bandeira e o Cocido de Lalín preséntase en FITUR 2025

Foto del escritor: Laura MoureLaura Moure

Laura Moure/Deza

A Festa da Empanada de A Bandeira, recoñecida como Festa de Interese Turístico Nacional, presentouse onte en FITUR 2025 cun evento que puxo en valor a súa historia, o seu impacto e a súa esencia como unha celebración que vai moito máis alá da gastronomía. No corazón de Galicia, no concello de Silleda, a pequena localidade de A

Bandeira multiplica a súa poboación cada agosto ata superar os 30.000 visitantes, que chegan para gozar de cinco días de festa arredor da empanada.


Máis ca unha festa gastronómica

Durante a presentación en FITUR, a alcaldesa de Silleda, Paula Fernández Pena, destacou que a Festa da Empanada non é só unha cita gastronómica, senón unha forma de vivir e de compartir a amizade arredor da mesa. “A empanada, en A Bandeira, non só se degusta, vívese”, asegurou.


Publicidade    

Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

A tradición desta festa naceu en 1974, cando un grupo de veciños se reuniu nunha carballeira para compartir empanadas, viño e risas. Cincuenta anos despois, a celebración mantén o seu espírito orixinal grazas ao esforzo da Asociación Cultural Amigos da Empanada, que conseguiu consolidar o evento como un dos máis importantes de Galicia.


Un programa único nunha contorna privilexiada

A Festa da Empanada vívese co concurso de empanadas, onde compiten tanto profesionais da hostalaría coma veciñas e veciños, con unha categoría especial para os máis pequenos. Vívese tamén coa poxa da mellor empanada do ano, onde se poden acadar cifras de miles de euros.


Pero a festa é moito máis ca gastronomía. Durante os días previos, a vila énchese de actividades como a ruta das empanadiñas, os concertos de grandes orquestras e o tradicional Tiro á Corda, un emocionante desafío entre peñas que esperta paixóns. O festival tamén é sinónimo de música. Dende hai máis de 30 anos, o selo Empanada Fest reúne dúas grandes citas musicais:

  • BandeiRock, que enche a localidade cos mellores sons rock e alternativos.

  •  Esmorga Folk, que trae grandes referentes da música tradicional galega e celta.


Silleda: natureza, historia e gastronomía

Durante a presentación, Fernández Pena destacou que a Festa da Empanada é o buque insignia dun Concello que aposta pola gastronomía e a tradición. Cunha poboación de pouco máis de 8.000 habitantes, Silleda conta con outras dúas Festas de Interese Turístico de Galicia – a Festa da Tortilla e a dos Xenerais do Ulla – e ata sete festas gastronómicas máis, entre elas as do lacón, os callos, a paella, as castañas, o vacún ao espeto, ou o raxo.


Ademais, convidou a descubrir a riqueza natural e histórica do municipio, dende a impresionante Fervenza de Pazos, a fervenza máis alta de Galicia, ata a arquitectura románica do Mosteiro de Carboeiro e as súas máis de 20 igrexas románicas.

“Agardámosvos cos brazos abertos e a mesa posta”

Para pechar a presentación, a alcaldesa lanzou un convite a vivir a experiencia total que supón a Festa da Empanada de A Bandeira: “Non é só un evento gastronómico, é unha forma de sentir Galicia. Agardámosvos do 20 ao 24 de agosto próximos na Bandeira, cos brazos abertos e a mesa posta”.


A festa silledense foi presentada onte en Fitur no stand de Galicia, durante a campaña de Terras de Pontevedra Norte, “ Deza-Tabeirós, tradición e gastronomía”, xunto á Festa do Cocido de Lalín e a Rapa das Bestas de Sabucedo. Na delegación silledense, ademais da alcaldesa, participan a Concelleira de Turismo e Cultura, Mónica González; e as Concelleiras de Benestar e Medio Rural, Angela Troitiño e Asunción García.


0 comentarios

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page