A Festa da Empanada da Bandeira contará con fornos e punto de venda oficial de empanadas
- ecosdacomarca
- 13 ago 2023
- 1 Min. de lectura
Actualizado: 20 may 2024
Ecos da Comarca/Silleda

A Asociación Cultural Amigos da Empanada da Bandeira (Silleda) vai ter ao dispor de todas as persoas asistentes á XLVII edición da Festa da Empanada un posto de venda de empanadas situado na entrada da Carballeira da Pomba. O posto estará aberto para o xantar e para a cea e, nesta ocasión, a panadaría que o rexentará será Cervela, do veciño concello da Estrada. Haberá empanadas dos sabores máis tradicionais e tamén especialidades para todos os gustos.
Publicidade
Coma todos os anos, haberá tamén un servizo de pulpeiro no carro, onde todos os asistentes poderán desgustar empanadas e polbo nas mesas do pulpeiro. Para as persoas que queiran optar por esta opción, recoméndase facer reserva no teléfono: 659 908 745.
Publicidade
En relación co concurso gastronómico, a entidade cultural fai un chamamento á veciñanza para cumprir os prazos establecidos de inscrición das empanadas, que este ano será de 11:30 a 13:00 horas. A partir da 13:00 horas terá lugar o acto da XLVII Festa da Empanada e, posteriormente, a multitudinaria comida de peñas.
Podedes seguir todos os detalles desta festa na súa web: https://www.festadaempanada.org/
Comments