Perruquería Marisa.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

Pladur Touro.png

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE

A Fervenza do Toxa: un espectáculo de auga, luz e son

Está formado pola cascada de auga do río Toxa na parroquia sillendense de Pazos

O mirador da fervenza. Autor: Ecos da Comarca

Laura Moure/IsmaelRS/Silleda

A fervenza do Río Toxa é un fermoso espectáculo de auga, luz e son formado por unha cascada de auga do río Toxa na parroquia sillendense de Pazos, considerada das máis altas de Galicia en caída libre.


Constitúe un espazo de alto valor paisaxístico que forma parte do Sistema Fluvial Ulla-Deza e participa no proxecto europeo da Rede Natura 2000 como Lugar de Importancia Comunitaria.


A súa diversidade botánica, aproveitada polos monxes dos mosteiros de Carboeiro e Camanzo para a súa farmacopea e un bosque atlántico marabillosamente conservado con especies de tipo mediterráneo, conceden a este lugar características de único, incomparable e unha das máis impoñentes imaxes da comunidade galega pola singular beleza. Como pon o cartel que informa in situ desta paraxe: "Se a auga é vida, as fervenzas son a ledicia de vivir".

A fervenza. Autor: Ecos da Comarca.



91 vistas0 comentarios

Entradas Recientes

Ver todo
IRS.jpg

ESPAZO DISPOÑIBLE PARA ANUNCIARSE