top of page

A Feira Internacional de Galicia ABANCA volve a Termatalia para promocionar os seus salóns turísticos

Laura Moure/Silleda

A Feira Internacional de Galicia ABANCA (FIGA) volve á Feira Internacional de Turismo Termal, Saúde e Benestar, Termatalia, para promocionar os seus certames de turismo. Termatalia, que alterna sede de celebración entre Ourense (cando ten lugar en Europa) e un país de América, desenvolveuse en 2023 en Uruguai, polo que este ano regresa a Expourense para celebrar a súa 22ª edición. Un cita que abriu as súas portas no recinto ourensán onte e hoxe.

Nesta nova convocatoria a Feira Internacional de Galicia ABANCA está de novo presente cun stand centrado no XIV Salón Turístico de Galicia (Turexpo Galicia) e a XI Feira de Festas de Interese Turístico (Festur). Estes certames celebraranse conxuntamente e de forma paralela á emblemática Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia do 5 ao 8 de xuño.


Turexpo Galicia e Festur están xa inmersos na organización dunha cita que conxugará unha interesante área expositiva, un programa de actividades especialmente dedicado ás festas de interese turístico e a súa recoñecida Bolsa de Contratación Esta última xerou na edición de 2023 un importante negocio ao propiciar 2.300 reunións entre 160 empresas do sector e 33 operadores turísticos con presenza en 11 países.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Colaboración para o desenvolvemento do sector feiral

Esta participación en Termatalia enmárcase no convenio que dende outubro de 2017 manteñen a Feira Internacional de Galicia ABANCA e a Fundación Feiras e Exposicións de Ourense, Expourense, o cal ten como obxectivo promover accións que contribúan ao desenvolvemento do sector feiral na nosa comunidade e, de maneira particular, destes dous recintos.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page