top of page

A Feira Internacional de Galicia ABANCA estrea do 5 ao 8 de xuño un novo certame centrado na beleza e a estética

Terá lugar de forma paralela á Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia e durante as súas mesmas datas


Laura Moure/Silleda

A Feira Internacional de Galicia ABANCA de Silleda estrea do 5 ao 8 de xuño un novo certame centrado na beleza e a estética, o Intermax Beauty Show. Unha cita coa que este ámbito volve contar en Galicia cun espazo propio para mostrar e descubrir os novos produtos, tratamentos, técnicas e tendencias dun sector cun gran crecemento. Ademais, será a única con esta temática na Comunidade, permitindo ás empresas interaccionar tanto con profesionais como con consumidores finais que valoran o benestar e o coidado persoal.

O Beauty Show, que na súa primeira edición conta xa cunha empresa patrocinadora, Intermax, terá lugar de forma paralela á Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia e durante as súas mesmas datas. Unha coincidencia que achegará decenas de miles de visitantes entre os que moitos se interesarán polas propostas desta feira de beleza e estética.


Publicidade

Preme na imaxe para obter máis información do evento.
Preme na imaxe para obter máis información do evento.

Cosmética e maquillaxe, salón de peiteado e estilismo, uñas e manicura, estética avanzada e benestar, saúde e nutrición, formación e educación, innovación e tecnoloxía, barbaría e grooming masculino e sustentabilidade e beleza ética serán os ámbitos nos que se centrará o certame.


A súa área expositiva ofrecerá as últimas innovacións e tendencias en beleza e estética integral, que non só se centrarán en creativos produtos e solucións de vangarda, senón que tamén abarcarán outras propostas e ferramentas de utilidade para o sector.


Preme na imaxe se queres contactar connosco.
Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Demostracións e concursos

Intermax Beauty Show busca maximizar todas as oportunidades que ofrecer a interacción directa entre oferta e demanda. Por iso, ademais da súa exposición, incluirá unha zona networking para dinamizar a comunicación e xerar sinerxías tanto con clientes potenciais como con provedores.


Ademais, deseñará un programa con demostracións nas que os protagonistas serán as técnicas e produtos expostos. Sumaranse concursos centrados en peiteado, maquillaxe e uñas onde a habilidade dos participantes determinará os gañadores.



Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page