top of page

A Feira Internacional de Galicia ABANCA acode un ano máis a Xantar para promocionar varias citas

Laura Moure/Silleda

A Feira Internacional de Galicia ABANCA (FIGA) participa dende onte ata o vindeiro domingo na 25ª Feira Internacional de Turismo Gastronómico, Xantar, a cal se celebra no recinto Expourense (Ourense). A entidade feiral está presente cun stand no que durante estes días daranse a coñecer as próximas edicións do seu salón alimentario Salimat Abanca e o seu certame turístico Turexpo Galicia, enmarcados na emblemática feira multisectorial Abanca Semana Verde de Galicia, a cal tamén se promociona en Xantar.

O Salón Turístico de Galicia, Turexpo Galicia, que chega á súa 14ª edición e incluirá a XI Feira de Festas de Interese Turístico (Festur), está inmersa no deseño dunha convocatoria que unirá unha vistosa exposición cun programa de actividades no que destacará a súa recoñecida Bolsa de Contratación Turística.


Publicidade

Preme na imaxe se queres obter máis información.

Respecto ao Salón de Alimentación do Atlántico, Salimat Abanca, organiza xa a súa 28ª edición para converterse novamente en espazo de converxencia do sector alimentario e gastronómico a través dunha ampla exposición na que a innovación terá un espazo propio con Alinova e unha interesante programación na que destacarán os Encontros Internacionais de Compradores.


As tres citas terán lugar do 5 ao 8 xuño de 2025 xunto á 47ª Feira Internacional Abanca Semana Verde de Galicia en Silleda, que tamén incluirá a 11ª Feira de Caza, Pesca e Natureza, Fecap Abanca, e moitos outros sectores que irán desde gandería, bioenerxía, xardinería ou ferramenta ata mobiliario, decoración ou artesanía, ademais doutros produtos e servizos.


Publicidade

Preme na imaxe se queres contactar connosco.

Un acordo consolidado con interesantes resultados

Esta participación da Feira Internacional de Galicia ABANCA (FIGA) en Xantar enmárcase no convenio de colaboración que esta entidade feiral e a Fundación Feiras e Exposicións de Ourense, Expourense, iniciaron xa en 2017 e ratificaron en 2022. Un acordo cuxo obxectivo é promover accións de cooperación que contribúan ao desenvolvemento do sector feiral en Galicia, en sintonía co espírito da Asociación Galega de Feiras e Eventos (Agafe), e tamén, dunha maneira particular, ao fortalecemento destes dous recintos, para os cales este acordo supón resultados moi interesantes na promoción de distintos eventos.

Comments


IRS.gif
Copia de ¡TU Anuncio!.gif
Ecos_da_Comarca_neg.png

© 2025 por Ecos da Comarca.

¡Grazas por contactar connosco!

  • Facebook
  • Instagram
  • TikTok
  • X
  • Youtube
bottom of page